Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Juan Amoedo, novo técnico do CD Choco

JuanIvan

O adestrador redondelán regresa á que durante anos foi a súa casa para facerse cargo do primeiro equipo. Na presentación oficial dixo sentirse “moi ilusionado ante este novo reto” e confesa que non lle asusta “nin a categoría nin o vestiario”. Despois dunha década regresa ao CD Choco, onde foi xogador e tamén adestrador das categorías base. Logo de pasar polos bancos de clubs como o Arcade ou o RC Celta, o club redondelán conta agora con el para substituír a Gonza Fernández.

Unha vez máis o club aposta pola mocidade e por un adestrador da casa. O presidente, Iván Crespo, pensa que Amoedo “reúne todas as calidades para continuar a liña que leva o CD Choco nestes últimos anos”. O técnico chega para dar continuidade á filosofía do club “cunha forma de xogar e adestrar moi característica que é o estilo do Choco”. O obxectivo da próxima temporada será o mesmo: a permanencia en Terceira División, aínda que sen renunciar a cotas maiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará