Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ruta para descubrir os tesouros do río Fondón

ChapelaVistas

A Asociación de Veciños de Chapela celebra este domingo, 4 de xullo, a XVI Ruta do Río Fondón. Será un percorrido polas marxes do río, que agochan espazos naturais de gran beleza, ademais dun importante patrimonio etnográfico. Este ano a ruta centrarase no tramo desde o Camiño da Fraga ata o nacemento do río. Ás espectaculares vistas sobre a ría súmanse a flora e fauna propia dos ríos galegos, ademais de fervenzas, muíños e pontes. Álvaro Diego Fuentes será o encargado de guiar aos participantes polos bosques de ribeira “únicos na parroquia”, e advirte que os participantes sorprenderanse de atopar unha paraxe natural destas características tan preto da zona urbana de Chapela.

A ruta percorrerá bosques de ribeira únicos na parroquia

Desde o colectivo veciñal levan anos traballando na limpeza e acondicionamento destes espazos naturais xunto ao río Fondón, e tamén nas marxes fluviais do Pugariño e o Maceiras. Por iso actividades como a ruta desta domingo teñen tamén obxectivo de “concienciar” á cidadanía da necesidade de coidar e preservar estes lugares. Diego Fuentes lembra tamén que será necesario seguir realizando xornadas de limpeza, xa que durante décadas estas zonas de monte empregáronse como “vertedoiros”.

A Asociación de Veciños leva anos traballando na limpeza e mantemento desta contorna

Na ruta do domingo transitarán camiños que hai décadas eran empregados pola veciñanza “e que foron quedando en desuso”. Moitos presentaban un estado “intransitable” ata que a Asociación de Veciños comezou coas tarefas de roza e acondicionamento. O colectivo demanda tamén para eses camiños e corredoiras se recuperen e formen parte do inventario municipal “xa que se trata dun importante patrimonio público que non debe perderse”.

O colectivo demanda que os camiños e corredoiras sexan incluidos no inventario municipal

A ruta polo río Fondón rematará cun xantar na área de descanso Chan da Lagoa, para o que cada participante deberá levar a súa propia comida. A Asociación habilitará coches para levar o xantar e así facer a marcha “máis lixeiros” . Tamén haberá xogos e actividades para todos os públicos. Por mor da situación sanitaria para participar na ruta é preciso inscribirse previamente, xa que as prazas son limitadas. Poden reservar praza no teléfono 649 37 60 94. A saída está prevista para as 10.00 horas desde o local da A.VV. No camiño da Oliveira, 1.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará