Hoxe é Luns 2 de Agosto de 2021

As traiñeiras galegas miden forzas no Memorial Paco Fenosa

MemorialPacoFenosaFoto

Regata do XV Memorial Paco Fenosa disputada en marzo do ano pasado

Unhas trinta embarcacións masculinas e femininas de toda Galicia daranse cita mañá domingo no XVI Memorial Paco Fenosa. Organizado polo C.R.Chapela, na cita participarán practicamente todas as traíñas da Liga Galega. As regatas comezarán ás 12.00 horas no paseo de Cardona. Julio Prado, presidente do club, explica que todos os equipos están desexando competir “e medirse co resto de traiñeiras” xa que esta ano aínda non foi posible disputar ningunha regata nesta modalidade. Por iso a proba que se celebra mañá en Chapela será “a proba de lume” do remo galego antes de que comece a competición oficial.

Julio Prado, presidente do C.R. Chapela, fala do XVI Memorial Paco Fenosa

A liga Galega de Traiñeiras ponse en marcha nuns días, cun apertado calendario nas tres categorías: Liga A, Liga B e Liga Feminina. Participarán un total de 31 clubs. Serán 12 na LG-A, con Cesantes, Samertolaméu-Oversea, Vilaxoán, Bueu-Teccarsa, Cabo de Cruz, Mecos, Esteirana, Rianxo, Muros, Poboa, Salgado-Perillo e Mera. Na LG-B estará Chapela xunto con Narón, Castropol, Cedeira, Mugardos, Cabana-Ferrol, Amegrove, Virxe da Guía, Vila de Cangas, Samertolaméu-B e Poboa-B. Na Liga Feminina a embarcación de Chapela competirá con Cabo de Cruz, Tirán, Salgado-Perillo, Rianxo, Riveira, Poboa e Mugardos.

Coa Bandeira Muros de San Pedro o sábado 26 deste mes de xuño comeza a liga Galega de Traiñeiras 2021, que rematará co Trofeo Teresa Herrera na Coruña os días 28 e 29 de agosto.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *