Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As alfombras non se pisan

Alfombra

A tradición das alfombras florais do Corpus en Redondela vivirá este ano unha edición especial. As restricións derivadas da pandemia obrigan ao Concello a programar unhas festas da Coca diferentes, con actos ao aire libre desde o xoves ata o domingo. Xa son moitos os veciños, colectivos e asociacións que están a preparar as alfombras florais que lucirán como é tradición nalgunhas rúas e prazas da vila na festividade da Coca, o 3 de xuño. Haberá alfombras na praza do Concello, no atrio da Igrexa, na praza de Lenda e na praza da Casa da Torre. Pero nesta ocasión a vida destas pezas de arte efímeras será algo máis longa do habitual. Ao non haber procesión relixiosa polas restriccións da Covid-19 non se pasará por riba das alfombras “que se manterán ata o domingo, se as condicións meteorolóxicas o permiten”, apunta a concelleira Marta Alonso.

Ao non celebrarse procesión este ano as alfombras non se pisarán e poderán lucir nas rúas ata o domingo

A Banda de Música de Redondela fará pasarrúas o xoves desde as 11.00 horas e ofrecerá un concerto na Alameda Castelao ás 19.00 horas. Ás 11.30 sairán polas rúas da vila os xigantes e cabezudos acompañados da banda de gaitas o Carballo das Cen Pólas. O venres a programación está dedicada ao público infantil e familiar co concerto de Uxía Lambona, ás 19.00 na Alameda Castelao. O sábado, día 5, o pasarrúas será a cargo da Banda de Música de Arcade desde as 11.00, cun concerto na Alameda Castelao ás 13.00 horas. A cantante e actriz Sabela Cereijo ofrecerá un concerto tamén na Alameda Castelao ás 20.00 horas. Alonso, concelleira de Eventos, explica que se trata dunha programación “diferente, marcada pola situación de pandemia”, e advirte que nos concertos haberá aforo limitado e distancia de seguridade. Confía en que a evolución da situación sanitaria permita o próximo ano “facer unhas Festas da Coca como Redondela merece”.

Marta Alonso é a concelleira de Eventos responsable da programación

As actividades rematarán o domingo coa mostra de alfombras florais nas rúas de Vilavella. Ás 11.00 horas a Banda de Música de Chapela fará o pasarrúas e pola tarde ofrecerá un concerto na Alameda Castelao, ás 19.00 horas. Ás 11.30 sairán polas rúas da vila os xigantes e cabezudos acompañados da banda de gaitas o Carballo das Cen Pólas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará