Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela acariña as medallas

ChapelaCAstro

As dúas traiñeiriñas coas que competía o club redondelán quedaron na cuarta posición no Campionato de España disputado en Castro Urdiales.

Final de temporada agridoce para o club redondelán. Logo de proclamarse campións galegos, o barco absoluto feminino e xuvenil masculino participaban esta fin de semana na proba estatal celebrada na localidade cántabra de Castro Urdiales. A sorte non acompañou ao C.R Chapela, que quedou ás portas do podio nas dúas categorías ao rematar en ambos casos na cuarta posición. A traiñeiriña feminina fora segunda na súa quenda clasificatoria do sábado, pero na final os primeiros postos foron para Kiarriba, Deusto e Cabo da Cruz. Chapela quedou a cinco segundos do bronce. Na final xuvenil os mozos de Chapela quedaron por detrás de Bueu, Cabo e Isutza, a nove segundos de distancia do terceiro. No caso dos rapaces, que se afundiron na metade do segundo longo, un problema coa pica obrigou á traiñeiriña a remar cun efectivo menos.

Na categoría absoluta masculina o novo campión de España é Itsasoko, primeiro clasificado por diante de Zierbana e Cabo, que foi terceira e mellor traiñeiriña galega.

Coa regata de onte remata a temporada de traiñeiriñas e comeza a categoría raíña do remo, as traíñas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará