Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro para cativos e adultos

teatro28.29

Dobre cita co teatro en Redondela. Mañá venres a compañía Pavís Pavós achega ao auditorio da Xunqueira “Teatro para bebés”, unha sesión de contos, nanas e cantos para bebés, que queren ser ademais unha ferramenta para pais e nais. O obxectivo é tamén recuperar e transmitir a rica tradición oral galega. Está dirixido a nenos de ata 3 nenos. Haberá dúas sesións, ás 17.00 e ás 18.15 horas, con entrada de balde. O sábado chegará o teatro para público adulto coa obra “O meu mundo non é deste reino”, unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María dirixida por María Peinado. Interpretada por Anxo García e Fran Lareu esta parodia da ditadura franquista conta a historia duns feirantes, Camilo e Tomás, que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. A cita é ás 20.00 horas. As entrada están xa á venda a 7 euros, 5 coa tarifa reducida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará