Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galicia avanza cara a nova normalidade

terraza radioredondela

A comunidade galega dará un paso máis cara á normalidade na madrugada do sábado ao domingo. Co fin do estado de alarma desaparece o toque de recollida. Hoxe será o último día en que estea en vigor a restrición nocturna de 11 da noite a 6 da mañá. Tamén se levanta o peche perimetral da comunidade, polo que calquera cidadán pode desprazarse sen xustificación. Tamén poderá entrar en Galicia calquera persoa que o desexe, polo que se reforzará o rexistro de viaxeiros. Amplíase o horario da hostalería. Os bares poderán abrir ata as 11 da noite e os restaurantes, con licenza para esa actividade, ata a 1 da madrugada, sempre con cita previa e os medidores de CO2.

En canto ás reunións, a Xunta pretende limitar a 6 o número máximo de non conviventes no exterior e 4 no interior. Tamén pretende prohibir as reunións de non conviventes nos domicilios particulares entre a 1 e as 6 da mañá. Pero para iso precisa o aval da xustiza e agarda o visto e prace do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que podería pronunciarse ao longo do día de hoxe.

En canto á situación epidemiolóxica, Galicia mantén certa estabilidade. Hoxe o Sergas informa de que hai 3.064 galegos e galegas con Covid-19, oito menos ca onte, tras 194 novo positivos, dos cales 179 foron detectados a través de probas PCR. O Concello de Redondela rexistra 17 novos casos de Covid a día de hoxe. A incidencia acumulada a 14 días é de 58 casos por cada 100.000 habitantes, que se rebaixa a 34 ao tomar como referencia os últimos 7 días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará