A compañía Ibuprofeno Teatro subirá ás táboas do auditorio da Xunqueira o sábado día 8 ás 20.00 horas para representar a obra “O mel non caduca”. Avelino González e Marián Bañobre protagonizan esta obra ao redor da obsolescencia programada, a relación do ser humano cos obxectos e a degradación do planeta.Unha obra para emocionar e concienciar, pero tamén para rir e emocionar. As entradas están á venda a 7 € a normal e 5 € a reducida para estudantes, parados e pensionistas.