Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vía verde de Chapela incluirá unha praza no antigo apeadoiro do tren

Senda Verde Redondela Infografia 01

A alcaldesa, Digna Rivas, presentará esta tarde o proxecto de Vía Verde para Chapela, que se construirá na liña ferroviaria agora en desuso. A actuación conta cun investimento de 667.000 mil e un prazo de execución de 6 meses.

A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acollerá ás 19.00 horas a presentación das obras de acondicionamento da vía férrea en desuso para crear unha Vía Verde. Será un novo espazo de esparexemento para peóns e ciclistas “por un medio natural, afastados do tráfico do centro urbano” sinala Rivas. Os traballos previstos inclúen converter nunha praza o antigo apeadeiro para, dese xeito, unir dúas zonas de Chapela que tradicionalmente estaban separadas pola vía férrea. Durante o acto proxectarase un vídeo con infografías das actuacións previstas. Ademais daranse a coñecer as próximas obras que se van a acometer no marco da EDUSI Redondela 2020, como a reforma da Praza de Ponteareas, o acondicionamento da oficina Servizos Sociais de Chapela e melloras no Mercado de Abastos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará