Os pilotos redondeláns debutan esta fin de semana no Hawkers European Talent Cup en Estoril, dentro do Fim Cev Repsol, e farano da man do equipo Leopard Impala Junior Team. Aos seus 15 e 13 anos de idade, Théo e Álex traballarán para obter os bos resultados da tempada pasada no campionato ESBK. Théo Gourdon comenta que o seu principal obxectivo nesta competición é “ir escalando posicións dende abaixo ao longo da tempada”. Pola súa banda, Álex ten en mente continuar coa súa aprendizaxe e espera poder “ir a máis a medida que avance a tempada, nunca a menos”, explica. O ano pasado os irmáns Gourdon correron no Campionato de España ESBK 2020, superando os seus obxectivos iniciais de longo, posto que Théo logrou clasificarse como o terceiro mellor piloto da súa categoría a nivel nacional.