Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón rematar o saneamento en Cabeiro con cargo ao remanente municipal

sdr

Nun encontro coa veciñanza, os concelleiros nacionalistas presentaron a moción para unha obra pendente de rematar dende hai seis meses. A ampliación do sanemento no lugar do Campiño, na parroquia de Cabeiro, realizouse ao longo do outono pasado. Nas obras, licitadas por 151.000 euros, contemplábanse a conexión de 39 vivendas particulares que, finalmente, non se realizaron. Un cambio amparado no Regulamento Municipal de Saneamento que obriga aos veciños das vivendas afectadas “a asumir o custe íntegro das acometidas”. O voceiro do BNG, Xoán Carlos González, explica que os veciños comprenden que deben asumir as obras de conexión “dentro das súas propiedades” pero non lles parece lóxico sufragar a acometida “cando se realiza na vía pública”. O BNG denuncia que “se abandona á súa sorte” a unha parte da parroquia que pretendía conectarse ao saneamento. Advirte González que estas obras levan “décadas de atraso”, polo que coonsidera “prioritarias”. Ante a preocupación deste grupo de veciños os concelleiros do BNG presentarán unha moción no pleno deste mes de abril para que se remate a obra. “Cunha partida de 20.000 euros con cargo ao remanente do ano 2020, solucionaríase o problema”, afirman.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará