Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente pide colaboración veciñal para identificar ao autor dun maltrato animal

MedioAmbGatos2

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela solicita a colaboración da veciñanza para dar cos responsable dun delito de maltrato animal. Na xornada de onte, venres 16, alguén deixou unha bolsa de plástico co 5 crías de gato recen nacidas dentro dun colector do lixo. O suceso produciuse no Camiño Verdeal, na parroquia de Quintela. Os animais foron atopados por unha veciña que chamou á Policía Local, e o feito púxose en coñecemento do departamento de Medio Ambiente. O colector, que estaba practicamente valeiro, fora recollido pola empresa Urbaser ás dez da mañán, polo que os animais tiveron que ser depositados entre esa hora e as tres da tarde, cando foron atopados. O concelleiro Roberto Villar denuncia que este acto de maltrato animal produciuse “a plena luz do día” polo que solicita á veciñanza “calquera información que puidera axudar sobre algún vehículo ou persoa que estivera nesta zona do Camiño Verdeal nesa franxa horaria, das 10.00 ás 15.00 horas”. Advirte que este tipo de actos son “de especial gravidade”, xa que se os animais non foran atopados “acabarían afogados, triturados no camión ou mesmo incinerados vivos”. Villar sinala que emprega estas palabras “tan duras” porque non se trata simplemente dun caso de “abandono”. Calquera persoa que teña información pode chamar á Policía Local 986 40 26 10. Os animais xa foron atendidos nunha clínica veterinaria do municipio, e recollidos pola protectora Animais Sen Fronteiras que se fará cargo do seu coidado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará