Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un roteiro por Ventosela inaugura o Artelixo 21

CabaloVentosela

O colectivo Artelixo inaugura este domingo, día 18, unha nova edición do seu festival, que se prolongará ata o 30 de abril con diferentes actividades. Coma todos os anos, este certame ecoloxista e reivindicativo creará un museo ao aire libre con obras de arte feitas con material de refugallo. Un cento de traballos encheran as rúas e prazas da vila e os escaparates dos comercios “para concienciar sobre a necesidades de coidar o medio ambiente”. As obras poderán visitarse desde mañá, sábado 17, e os que as persoas que o desexen poden colaborar no seu traslado e colocación. A cita é ás 11.00 no Multiúsos da Xunqueira. No marco do Artelixo tamén pode visitarse a exposición “Re-Composicións” do artista redondelán Moisés Iglesias. Inaugúrase hoxe venres, ás 20.00 horas, na sala 1 do Multiúsos da Xunqueira. Estará aberta ao público até o 17 de maio.

Mais o acto oficial de inauguración deste certame celebrase o domingo, día 18, en San Martiño de Ventosela, parroquia que xa acolleu a pasada semana a plantación de máis de 200 frondosas, actividade organizada por Artelixo, a asociación Lenda Saúde Mental e a Comunidade de Montes de Ventosela coa colaboración do Concello. Para este domingo Artelixo organiza unha ruta circular que arrincará ás 11.00 do centro cultural da Miñoteira. Un dos organizadores, Berto Covelo, explica que desde alí subirán ao petroglifo da Pedreira, e logo ás Pedras Agudas. Neste miradoiro privilexiado sobre a ría atópase o “Cabalo Enteiro”. A obra foi indultada nunha edición anterior do Artelixo e loce desde 2019 neste enclave. O cabalo, feito en madeira e material de refugallo, está algo deteriorado polo paso do tempo, e será restaurada polo seu creador, o escultor redondelán Carlos Graña. Alí lerase o Manifesto deste ano, que xirará arredor da limpeza dos ríos e dos montes. O percorrido continuará coa baixada ao monte de Bouces, o lugar onde se fixo a plantación, que se regará e se supervisará, e onde se porá en valor o labor de repoboación forestal. E, por último, o roteiro volverá á Miñoteira, onde o grupo de danza africana Ittzy Mouss xunto ao grupo musical Won Ta farán unha actuación de baile e música sobre as 13.30 horas. A actividade rematará cun xantar popular a partir das 14.00 horas.

Berto Covelo, da organización do Artelixo

A actividade está aberta a todos os públicos e, especialmente indicada para familias que queiran “concienciar aos máis novos da necesidade de coidar da natureza para que ela tamén coide de nós”.

Este ano o Artelixo ten como tema central a contaminación nos ríos

Nesta edición, o Artelixo tamén ten previsto ampliar o seu radio de acción cun obradoiro para os máis cativos que terá lugar en Vilar de Santos (Ourense) o sábado 24 de abril no Espazo Carabuñas.

A exposición de Moisés Iglesias “Re-Composicións” pode visitarse do 16 de abril ao 17 de maio no Multiúsos da Xunqueira
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará