Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O toque de queda adíase ás 23 horas. Soutomaior, único municipio da comarca con restricións

IMG_20210317_171939

A partir de mañá venres o toque de recollida en Galicia amplíase das 10 da noite ás 11. Calquera persoa, con independencia do nivel en que se atope o seu Concello, poderá camiñar pola rúa ata esa hora. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que polo momento Galicia vai permanecer illada do resto de comunidades autónomas por unha cuestión de “prudencia”. Polo que respecta ao sector da hostalería, os locais con licenza de restaurante poderán permanecer abertos ata as 23.00 horas, pero os bares manteñen o peche ás 21:00 horas. Para ampliar o seu horario, os locais de restauración terán que cumprir cunha serie de requisitos: un rexistro de clientela, un sistema de reserva con cita previa e aparellos de control do CO2 para asegurar que a ventilación é axeitada.

Respecto aos xeriátricos, a Xunta aliviará as restricións nas visitas. A partir do venres, o colectivo de residentes poderá recibir calquera persoa con cita previa e unha a unha, pero sen límite.

Soutomaior, único municipio da comarca con restricións

Aumentan ata 31 os concellos que terán restricións dende este venres, pero tan só un pertence á bisbarra de Redondela. Trátase de Soutomaior, que quedará no nivel 3 (medio) a partir do venres día 16. O Concello de Redondela, ao igual que Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e os municipios veciños de Vigo e Mos seguen no nivel 4 (baixo). O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid−19acordou que quedarán no nivel medio de restricións, xunto con Soutomaior, os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.

Mantéñense no nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove. Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá venres, 16 de abril.

Na comunidade autónoma galega son catro os niveis. O máximo é o máis severo, pois implica peche perimetral e o peche da hostalería, salvo para recollida ou servizo a domicilio. No nivel baixo, medio e alto, hai características comúns, pois a mobilidade está permitida entre todos os municipios destes niveis. Varía a capacidade nos locais de hostalaría: no nivel alto só poden operar as terrazas e ao 50%, no medio onde se sitúa Soutomaior, permítese o 30 % en interior e o 50 % en exterior. No nivel baixo, no que está Redondela e o resto da comarca, o 50 % de aforo en interior e o 75 % en exterior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará