Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mellora a rede de pluviais e o pavimento na Praza da Ostra de Arcade

Praza Ostra Arcade (1)

O Concello de Soutomaior acaba de comezar os traballos de mellora na rede de recollida de augas pluviais de Arcade, en concreto na praza da Ostra. A actuación conta cun orzamento de execución de 32.000 euros, con financiamento municipal. As obras teñen un dobre obxectivo, mellorar a eficiencia da EDAR (Estación Depuradora) de Arcade durante os días de choiva intensa, e ao mesmo tempo humanizar o conxunto da praza renovando o pavimento por outro “máis moderno e acorde ao instalado nas rúas contiguas”. Para a recollida de augas pluviais instalarase un novo ramal de 40 metros de lonxitude, conectado aos sumidoiros que recollen a auga da chuvia na praza. Esta ampliación conectarase á rede de recollida de augas pluviais xa existente ata a desembocadura do río Verdugo. Desde o Concello explica que así “evítase que a auga da chuvia termine na rede de saneamento xeral ocasionando desbordamentos na EDAR de Arcade”. Deste xeito “axudará a que a depuradora de Arcade sexa máis eficiente durante o inverno”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. Advirte que cando chove moito a rede de recollida de pluviais “é fundamental para evitar que a depuradora se sature ocasionando vertidos á ría”.

Humanización Praza da Ostra

O Concello de Soutomaior decidiu aproveitar os traballos na rede de pluviais para acometer a humanización da praza da Ostra. Desta maneira, tras a instalación das novas canalizacións, renovaranse 250 metros cadrados de pavimento substituíndo as vellas baldosas de cemento, xa deterioradas, por laxas de granito como as instaladas na rúa Rosalía de Castro. Deste xeito “unifícase a estética de ambas as zonas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará