Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Última semana para achegar propostas e obras ao ArteLixo21

ArtelixoRios

O colectivo Artelixo ultima a edición deste 2021, que se vai celebrar entre o 17 e o 30 de abril. O certame ecoloxista, cultural e reivindicativo terá que prescindir este ano de actividades como o Sonalixo ou o Parnalixo, que implican a presenza de público, pero seguirá fiel á súa esencia. O certame centrarase nas exposicións de obras de arte feitas con material de refugallo, que estarán nas rúas, en escaparates dos comercios colaboradores e no Multiúsos da Xunqueira. Tamén preparan o certame “A arte non ten cancelas”, no que convidan a artistas a intervir nun portal ou fiestra sen uso, como explica Fran Artelixo, un dos organizadores. Quedan poucos días para que todo aquel que o desxe poida inscribirse. Tan só deben cubrir un formulario que está dispoñible a través de internet e achegar os seus. Persoas de todas as idades, colectivos, asociacións e colexios poden apuntarse ata o 30 de marzo. Nesta ocasión a temática elixida é a Contaminación nos ríos. A programación deste ano non se limitará ao centro da vila e, como veñen facendo nos últimos anos as actividades do ArteLixo 2021, estenderanse ás parroquias, neste caso a Ventosela. Neste enlace pode descargase o formulario de inscrición https://forms.gle/AZM1nWL2GbNTiRg19

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará