Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Soutomaior agardan ata 15 días por unha consulta médica telefónica

SoutomaiorBNGmedicos

O deputado Manu Lourenzo e a voceira do BNG Ana Pontón rexistraron a inciativa no parlamento galego

O BNG acaba de rexistrar no parlamento galego unha nova iniciativa para dotar Soutomaior de máis facultativos. O concelleiro e deputado autonómico Manu Lourenzo denuncia que a sanidade no municipio vive unha situación de “colapso” pola falta de persoal sanitario “cunha única médica a día de hoxe”. Isto provoca que o Servizo Galego de Saúde non pode ofrecer citas citas “ata o 6 de abril para receitas e ata o 7 de abril, dúas semanas de espera”. Esta situación provoca que doentes que precisan tratamentos “se atopen sen ter acceso a estes medicamentos”, denuncia Lourenzo, e que outros que presentan algunha enfermidade “teñen agardar 15 días para unha cita médica que nen sequera é presencial, senón telefónica”. Dende o BNG lamentan que na visita do conselleiro de Sanidade a Soutomaior o alcalde Agustín Reguera “non reclamase máis médicos”. O grupo nacionalista aplaude o anuncio feito por García Comesaña sobre a construción dun novo centro de saúde, para o que aínda non hai prazos, pero advirte que “o que precisa agora a veciñanza son médicos”. O BNG anunciou que porán en marcha unha batería de iniciativas na rúa e nas institucións “para parar o desmantelamento da sanidade pública”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará