Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D.Choco, en busca da permanencia

ChocoAlondras7m

Tanto na Terceira División co equipo sénior, como na División de Honra Xuvenil, o club redondelán traballa para garantir a consolidación do seu proxecto futbolístico. No caso do conxunto de “Gonza”

a cita desta domingo ante o Pontellas será crucial. O Choco recibe en Santa Mariña ao equipo porriñés e un triunfo sería o garante do 6º posto, co que evitaría xogar a fase de permanencia. O presidente do club, Iván Crespo, confía en acadar un resultado positivo co apoio dos seus seareiros, xa que ata 300 afeccionados poderán seguir o encontro desde as gradas.

O presidente, Iván Crespo, fala do partido crucial que xogan ante o Pontellas

O conxunto xuvenil de División de Honra, que foi superado polo Calasanz, comezará a segunda fase a catro puntos da salvación. Xogarase unha liga a unha única volta con cinco partidos, e só dous equipos do outro grupo están por baixo deles, o Roces e o Tropezón. Falta saber cando será o sorteo e o inicio da fase. Crespo advirte que “non será doado, pero tampouco imposible” e confía na calidade do equipo para facer un bo traballo nas cinco finais que restan.

O equipo xuvenil de División de Honra comeza a segunda fase a 4 puntos da salvación

En canto ás categorías inferiores, salientar que os equipos Cadete A e Infantil A comezan esta fin de semana a Liga Autonómica, tal como acordaron clubs e federación. Desde o club agardan que a competición poida xogarse con normalidade “dentro das normas e restricións adoptadas pola pandemia” e auguran un bo papel da canteira choqueira.

As categorías inferiores de Liga Autonómica comezan esta fin de semana a competición

No resto de categorías inferiores está previsto que arranque tamén a competición no mes de abril, co uso obrigatorio de máscara durante os encontros e un descanso en cada tempo para que os nenos poidan descansar e refrescarse. “Todos están desexando volver a xogar despois dun ano de parón obrigado pola pandemia”, explica Crespo, quen se amosa moi orgulloso “polo exemplo de responsabilidade que están a demostrar os rapaces cumprindo todas as normas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará