Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos súmase á conmemoración do Día da Poesía cun obradoiro

poesia

O escritor Miguel Ángel Alonso Diz será o encargado de impartir o obradoiro “Xoguemos a poetizar” este martes, 23 de marzo, ás 13.00 horas no Auditorio de Pazos de Borbén. Unha actividade dirixida ao sector máis novo da poboación e no que participarán os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez”.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Poesía este 21 de marzo, o concello de Pazos de Borbén organiza un obradoiro dirixido á rapazada co obxectivo de pór en valor á poesía como ferramenta transformadora da realidade e fomentar a lectura deste xénero literario entre os máis novos.

O encargado de mergullar aos cativos no mundo dos versos e da poética será o escritor Miguel Ángel Alonso Diz, con raíces en Moscoso, quen a través da poesía fará reflexionar aos nenos sobre temas de perspectiva de xénero, igualdade ou acoso escolar, entre outros. Un taller práctico no que os participantes xogarán con versos de poetas galegos, analizarán letras de cancións, vídeos e imaxes, así como as súas propias creacións poéticas. Deste xeito, a rapazada achegarase á poesía como unha instrumento máis para fomentar a creatividade e ver a realidade dun xeito diferente.

Todos aqueles que desexen participar teñen que inscribirse previamente chamando á biblioteca de Pazos de Borbén (986 49 72 73)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará