Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela súmase á celebración do Día dos Medios en Galego

MediosGalegos

Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), celebramos o Día dos Medios en Galego coa retransmisión do programa #MoitoqueSachar. A Casa Museo de Rosalía acollerá a emisión deste “Late Night” presentado por Federico Pérez Rey. O actor estará acompañado pola música en directo de Iván Barreiro, Carlos Arévalo e Ale Casquero. Será unha festa da lingua, con entrevistas, sketches, o nacemento dun novo proxecto, así como singulares sorpresas que demostrarán o papel fundamental do galego como principal motor da comunicación no noso país. O programa será retransmitido en directo nas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch. Ademais, tamén se emitirá o domingo ás 21:30h en NósTelevisión e o luns ás 18:00h en Radio Redondela e todas as emisoras municipais da rede de Radiofusión. O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.

O programa tivo que ser aprazado o pasado 7 de febreiro (a data oficial, aprobada no Parlamento de Galicia, conmemora a saída do primeiro xornal en galego, O Tío Marcos d’Portela, aló polo 1876) polas restricións sanitarias. A cita será unha festa para os máis de 140 medios que a día de hoxe comunicamos na nosa lingua activos este marzo 2021.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará