Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plastic Omnium e Rodosa impóñense

SARBueu

A xornada deixou dúas vitorias locais para o balonmán masculino de Primeira Nacional e a derrota da SAR Rodavigo de Honra Prata Feminina ante o líder.

División de Honra Prata

SAR Rodavigo 20-26 Lanzarote Zonzamas

O líder da categoría levou os puntos da Bomboneira e segue invicto. As mozas da SAR encararon o partido con ganas de facer que perdesen en Redondela esa condición, e puxéronllo difícil ás canarias. A pesar de que Zonzamas sempre foi dominando o marcador, nunca dispuxo de vantaxes claras, chegando incluso as locais a poñerse a un gol de diferenza, no minuto 11 da segunda parte 15-16 e 16-17. A partir de aí a SAR foi vendo como o equipo canario se ía distanciando aos poucos até chegar ao final do tempo regulamentario cunha distancia de seis goles. O equipo, que se sitúa no 7º posto da táboa, desprázase a próxima xornada á pista do Valladolid.

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 28-27 Atl. Bueu

Triunfo para os de Pablo Muíños nun partido cuns últimos minutos de infarto. Tan só nos cinco primeiros minutos e nos dous últimos foi por diante Bueu, o resto do encontro estivo dominado polos redondeláns. Cunha moi boa defensa por parte dos locais o Atl Bueu non puido despregar o seu xogo. No descanso o marcador reflectía un 13-10. Na continuación, os do Morrazo non o puxeron fácil, recortando ata chegar a superar á SAR. O Bueu foi de menos a máis e no minuto 57 gaña por 26-27. Finalmente logo de dúas perdas de balón do conxunto visitante e grazas á rapidez da SAR os locais anotaron unha importante vitoria por 28-27. Con estes dous puntos o obxectivo da permanencia está un pouco máis preto. Na próxima xornada terán o último desprazamento a Canarias para medirse ao Vecindario.

Saeplast Cañiza 18-25 Rodosa Chapela

Máis ampla foi a vantaxe dos homes de Fran Teixeira na Cañiza. Desde o comezo os redondeláns foron por diante no partido. Foron vitais as accións do porteiro Kevin, que fixo imposibles os ataques dos locais. O equipo de Chapela non perdeu ocasión de seguir amarrado á parte alta da táboa, seguen no 3º posto, pero agora empatados a puntos co Ampate Lanzarote, 2º clasificado. Na próxima xornada recibirán en Chapela ao Carnes DoRibeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará