Hoxe é Sábado 4 de Decembro de 2021
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A remodelación da planta baixa mellora a accesibilidade na casa do Concello

Obras Casa do Concello 01

O Concello de Redondela remata, nestes días, as obras de remodelación das oficinas situadas na planta baixa da casa consistorial nunha clara aposta por dotar a todas as dependencias dunha accesibilidade da que moitas carecían e, ao mesmo tempo, de crear espazo moderno e axeitado para as traballadoras e traballadoras e que, polo tanto, permita ofrecer un mellor servizo á cidadanía. Para esta actuación, contouse cunha achega da Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan Concellos, de 56.974,67. As obras permitiron unir dúas oficinas pouco accesibles nun espazo único e de maior superficie, e converter tamén o almacén e o despacho contiguo nunha única peza. Créanse así dous espazos amplos “e moito máis axeitados para a actividade que se realiza nas dependencias municipais”. Ademais de eliminar as barreiras arquitectónicas tamén se repararon humidades e reformouse a instalación eléctrica. Trátase dun paso máis na remodelación destas instalacións, logo da reforma da oficina do Rexistro Xeral. A alcaldesa, Digna Rivas, lembrou que “unhas instalacións axeitadas permiten que o traballo administrativo se desenvolva en mellores condicións e, polo tanto, se poida prestar unha mellor atención a veciñas e veciños”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *