Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ministerio de Transportes aproba o proxecto de reposicións en Chapela

MelloraAp9

O seu obxecto é a repoñer os camiños afectados polas obras de ampliación da autoestrada AP-9 na contorna de Chapela. A actuación, cun orzamento de case 3 millóns de euros, xa estaba recollida recollida na Adenda ao Convenio entre o Ministerio e a concesionaria da autoestrada, Audasa. Agora o Ministerio que dirixe Jose Luis Ábalos aprobou definitivamente o proxecto que proximamente se publicará no BOE, cunha partida de 2,92 millóns de euros. O seguinte paso agora é o redactar o proxecto de construción, que incluirá elementos de humanización, zonas verdes e mellor accesibilidade peonil, entre outras cuestións.

O proxecto consta de tres actuacións diferenciadas. A primeira céntrase na ponte que dá acceso a San Vicente de Trasmañó, e consistirá na ampliación do paso cunha pasarela metálica peonil, permitindo incrementar o ancho dispoñible para os vehículos.

A segunda actuación é a que afecta ao camiño Mouriño, situado na marxe esquerda da Avenida de Redondela (N-552), baixo a estrutura sobre a que discorre a AP-9. Nesta zona vaise repoñer o camiño afectado polas obras da autoestrada.

Detalle rúa Pasán. Situación futura na contorna do PK 150+800 da AP-9

A terceira das obras corresponde ao camiño da Igrexa e a rúa Pasán, e supón a parte principal do proxecto. Estas vías discorren paralelamente á autoestrada AP-9, en sentido cara a Vigo. As actuacións constan da reposición dos servizos que se viron afectados polas obras da autoestrada, coa construción de redes de abastecemento, pluviais e iluminación. Reporase o firme e faranse beirarrúas con elementos de sinalización vertical e horizontal. Tamén se modificará a rampla de acceso á pasarela peonil que cruza a autoestrada AP-9 á altura do parque infantil próximo á Igrexa de San Fausto, e amplíase a obra de drenaxe transversal que atravesa a AP-9 nas proximidades do lavadoiro existente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará