Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Teixeira: “A miña ausencia foi complicada pero Adrián fíxoo fenomenal”

FranBM

O BM Chapela recibía este mes a mellor das noticias, o regreso ao banco do adestrador Fran Teixeira. Foron dous meses afastado dos pavillóns, logo de someterse a tres intervencións cirúrxicas por mor do cáncer que padece desde hai anos. Recoñece que foron semanas “difíciles” pero nin sequera no tempo semanas que estivo ingresado no hospital se mantivo afastado do club. En contacto diario co seu fillo e segundo adestrador, Adrián, sempre seguiu a marcha do equipo e puido ver tamén os partidos retransmitidos por internet.

Amósase moi satisfeito co traballo feito na súa ausencia, con 8 vitorias nas que Adrián demostrou ser “un fenómeno” levando ao equipo “á perfección” en todos os aspectos, unha situación que o para o veterano técnico é tamén “unha honra”. De feito Adrián está a seguir unha traxectoria paralela ao de seu pai, que malia ter xogado ao fútbol, se decantou tamén finalmente polo balonmán, no que xa de pequeno axuda ao seu pai en distintas tarefas.

Logo da derrota da pasada xornada ante o Xiria, líder do grupo, o Rodosa Chapela prepara o encontro desta fin de semana na pista do Cañiza, que é 6º. Teixeira advirte que será un partido “moi difícil”, como moitos dos que resta ata o final da temporada.

O equipo segue firme no seu obxectivo de participar na fase de ascenso. Agora ocupan o 3º posto na táboa da Primeira Nacional, a tan só 1 punto do 2º, o Lanzarote, que ostenta a segunda praza para o “play-off”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará