Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta estuda alternativas para o saneamento na parroquia de Borbén

BorbenSaneamento

Augas de Galicia vén de adxudicar a redacción do estudo de alternativas para o saneamento e depuración na parroquia de Borbén, no concello de Pazos de Borbén. Este contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, foi adxudicado á empresa Diagrama Ingeniería Galicia S.L. Os traballos contan cun prazo de execución estimado de 3 meses. A Xunta dá así resposta á solicitude de colaboración por parte do Concello de cara a acadar unha solución que permita dotar a parroquia de Borbén dun sistema de saneamento e depuración das augas residuais do que actualmente carece. O estudo analizará diferentes alternativas para acadar a mellor solución para a depuración da auga residual dos lugares de Cuartos de Borbén, O Mosteiro, O Pousiño e Sequeiros, propoñendo a parcela ou parcelas precisas. O contrato inclúe os levantamentos topográficos precisos e, no seu caso, traballos xeotécnicos, hidrolóxicos e hidráulicos dos leitos dos ríos próximos. Tamén se fará unha análise de viabilidade das parcelas para a implantación das estacións de tratamento de augas residuais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará