Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de folga e reivindicación feminista

8Mcig

O colectivo feminista Galegas 8M e os sindicatos convocan ducias de manifestacións en Galicia para reivindicar os traballos “invisibles” que recaen principalmente nas mulleres. Baixo a lema “Sen coidados non hai vida”, as convocantes destas mobilizacións queren pór en valor que estes labores “permiten a reprodución e o mantemento da vida, pese ao escaseo recoñecemento que recibe por parte do resto da sociedade”. As protestas comezaron en Redondela ás 12.00 horas cunha concentración na rotonda de Cedeira, á altura do supermercado Mercadona e fábrica auxiliar de automoción Plastic Omnium. María Xosé García, delegada sindical da CIG, explica que a escolla deste lugar en concreto débese a que concentra dúas das empresas máis importantes do municipio. Ante a polémica xerada sobre a conveniencia de se manifestar ou non este 8M por mor da pandemia, García explica que é “máis necesario ca nunca” que o feminismo estea na rúa. Advirte que “con todas as medidas de seguridade e distaciamento que marcan os protocolos” a mobilización é “moi necesaria, porque a crise da Covid recaiu máis duramente sobre as mulleres”.

María Xosé García, delegada sindical da CIG

Os colectivos pregúntanse por que motivo se critican estas marchas cando, segundo recalcan, son similares ás realizadas polos traballadores de Alcoa ou os hostaleiros contra as restricións ao sector polo Covid-19. A Asemblea Feminista Paxaretas celebra esta tarde, ás 18.30 horas, unha concentración na praza da Constitución. Pili Díaz explica que se respectarán todas as medidas de seguridade que marcan os protocolos Covid.

Pili Díaz, da Asemblea Feminista Paxaretas

En Galicia, a Delegación do Goberno autorizou máis de 80 actos nas catro provincias convocadas pola plataforma Galegas 8M. Baixo o lema “Sen coidados non hai vida”, queren reivindicar os traballos invisibles, ou invisibilizados, que recaen sobre as mulleres e que a pandemia precarizou aínda máis. As marchas da Coruña e Ourense arrancarán ás cinco; ás seis están convocadas as de Santiago e Vigo; en Ferrol, haberá concentración ás sete da tarde, e a de Lugo sairá ás oito.

Homenaxe ás mulleres de Regojo polo 8M

O Bloque Nacionalista de Redondela celebrou este sábado día 6 de marzo un acto público no recentemente inaugurado parque de Regojo en homenaxe as mulleres traballadoras da fábrica téxtil. Co motivo do Día Internacional da Muller Traballadora o BNG quixo renderlle unha homenaxe o traballo destas mulleres “pioneiras na entrada das mulleres no mundo laboral, que fixeron posible o imperio de Regojo e o desenvolvemento económico de Redondela nos anos 60”.

Acto de homenaxe ás mulleres de Regojo convocado polo BNG de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará