Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres poñen voz ao 8M

sdr

Ás portas da Casa do Concello de celebrouse o acto institucional deste 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora. Foron precisamente dúas traballadoras de Redondela, do sector do mar e do servizo de atención no fogar (SAF), as encargadas de ler o manifesto esta mañán. Esmeralda Otero, presidenta da agrupación de mariscadoras de Redondela, e Lucía Piñeiro, coidadora so SAF, puxeron voz ao manifesto aprobado pola corporación no último pleno. Nel lembran que a pandemia “supuxo maior precariedade e pobreza laboral para as mulleres” no eido laboral, e por outra banda maior carga tamén no ámbito familiar e persoal “ao ser as encargadas dos coidados”

Esmeralda Otero, presidenta das mariscadoras de Redondela

As actividades co gallo do 8M continúan en Redondela mañá martes, día 9, coas I Xornadas de Muller e Igualdade “Gemma Pereira Otero” con varias poñentes. Trátase dun foro de debate que por motivo das medidas de seguridade sanitaria se fará “en liña” a partir das 9.00 e que poderá seguirse pola páxina de Facebook do Concello de Redondela, como explicaba a alcaldesa, Digna Rivas.

A alcaldesa, Digna Rivas, fala das I Xornadas de Mulle e Igualdade

Maria Rivas Couceiro e María Romero Morillo presentarán o movemento ‘Arte de Vivir’ que dará paso ás xornadas propiamente ditas. Nelas, de 10:00 a 11:45 horas, desenvolverase a primeira mesa redonda que levará por título “Desde o parto e crianza; Construír Igualdade, redes e novas realidades”, na que participarán como relatoras Montse Catalán Morera, Carmen Tejero Lainez e Carmen Escrivano Maíllo. Ás 12 horas comezará a segunda das mesas redondas co tema “O saber maternal como legado e transmisión cultural” e na que participarán Ana Filgueiras Rei e Núria Pereira Martínez. O acto rematará cun debate e rolda de preguntas das persoas asistentes en liña.

Soutomaior conmemora o 8M coa campaña “Mulleres sabias”

O Concello de Soutomaior continua a campaña do ano pasado, paralizada pola pandemia, coa que se pretende dar visibilidade ás mulleres de máis idade do municipio pondo en valor a súa experiencia e esforzo como exemplo de vida. A campaña deste ano inclúe dúas exposicións. A primeira, que pode visitarse na alameda Talo Río de Arcade, é froito do traballo de varias mulleres da comarca, de máis de 65 anos de idade, participantes na iniciativa municipal “Namórate de ti”.

A segunda exposición situarase no IES Soutomaior e, acompañada por unha guía didáctica elaborada polo CIM de Arcade, permitirá aos alumnos profundar sobre a temática da exposición, o empoderamiento e a experiencia vital como fonte de sabedoría. “Organizar a exposición ao aire libre permítenos cumprir con todas as recomendacións sanitarias e, á vez, achegar aínda máis a campaña á veciñanza”, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Cristina González. Durante todo o mes de marzo os edificios municipais iluminaranse para dar máis visibilidade ao 8-M.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará