Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela entra no Nivel 3 coa cifra de contaxios máis baixa desde novembro

dav

Segundo datos do Servizo Galego de Saúde, na última semana diagnosticáronse en Redondela 18 novos casos de Covid-19, polo que a incidencia acumulada (IA) a 7 días está por baixo dos 75 casos por cada cen mil habitantes. Nos últimos 14 días foron 35 os contaxios confirmados, o que deixa unha IA de entre 50 e 150 casos por cen mil habitantes. Son datos moi positivos, que reflicten que a tendencia á baixa da pandemia segue a manterse no municipio, despois da primeira semana de desescalada. O número de casos activos en Redondela a día de hoxe, 5 de marzo, é de 34, logo das altas rexistradas polo Sergas nas últimas horas. Supón o mellor dato para este municipio desde que o Concello recibe os rexistros diarios da Xunta de Galicia, datados de novembro do ano pasado. Trátase, polo tanto, da cifra máis baixa de contaxios desde a segunda onda. Para manter esta boa tendencia e non dar “pasos atrás” a alcaldesa, Digna Rivas, apela “á responsabilidade da veciñanza” para que sigan cumprindo con todas as normas de prevención. A rexedora agradece “o esforzo e sacrificio” feito ata o de agora pola veciñanza, pero pide “non baixar a garda” e evitar “aglomeracións”

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A melloría na situación epidemiolóxica permitiu a Redondela entrar hoxe na zona de máis baixas restricións, o Nivel 3. Os veciños de Redondela xa poden desde hoxe desprazarse ao outros municipios nesta mesma fase, tamén se permite a apertura de ximnasios ou piscinas, a hostalaría pode abrir o interior dos locais con limitación do 30% de aforamento, e nas terrazas co 50%.

Os Concellos da área sanitaria de Vigo neste mesmo nivel son: Redondela, Vigo, Moaña, O Porriño, Oia, Covelo, Nigrán, Gondomar, Baiona, A Guarda, Ponteareas, Tui, Salceda de Caselas, Cangas, Tomiño, Fornelos de Montes, Salvaterra de Miño, O Rosal, A Cañiza, As Neves, Arbo e Crecente.

Tráfico intensifica os controis de mobilidade esta fin de semana en Soutomaior

A Garda Civil intensifica os controis de mobilidade durante esta fin de semana. Hai que ter en conta as limitacións dos concellos á hora de se mover. Tráfico vixiará para que cada un cumpra co seu. Un dos puntos onde realizarán estes controis está en Soutomaior, único Concello de Galicia con niveis máximos de restricións. Comprobarán se entran ou saen por causa xustificada, xa que o municipio está pechado perimetralmente. Tamén está pechada desde hoxe a hostalaría e prohíbense as reunións de persoas non conviventes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará