Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asemblea feminista Paxaretas conmemora o 8M nas redes e na rúa

Paxaretas

O colectivo redondelán celebra un ano máis a súa programación “Marzo Muller”. Este ano será diferente, por mor da Covid-19, pero tamén a pandemia estará moi presente nas actividades. Por iso puxeron xa en marcha nas redes sociais a campaña “Mulleres traballadoras en pandemia”, co que pretenden visibilizar o traballo das mulleres de Redondela neste último ano, dende as que estiveron traballando na sanidade en primeira liña, como nos supermercados, no ensino ou nas entidades socias, transportistas, coidadoras ou deportistas. Pili Díaz, da Asemblea Paxaretas, sinala que está a ter moi boa acollida, con publicacións diarias de profesionais de diferentes sectores que contan a súa propia experiencia tanto laboral como persoal durante a pandemia. Máis de 60 testemuños que se publicarán a longo deste mes nas redes sociais de Paxaretas.

Pili Díaz, da Asemblea Feminista Paxaretas

E a partir de mañá, día 5 de marzo, poñen en marcha un concurso fotográfico nas redes. Os que desexen participar poden facelo ata o 14 de marzo subindo unha imaxe que reflicta o significado do Día Internacional da Muller Traballadora, etiquetando á Asemblea Paxaretas co cancelo 8M crudo.

O vindeiro luns, 8 de marzo, desde Paxaretas súmanse á convocatoria de folga co lema “As mulleres colgamos o traballo”, polo que convidan ás mulleres a colgar nas súas fiestras ou balcóns algún elemento significativo do seu traballo para visibilizar a folga. Tamén participarán na concentración convocada polos sindicatos en Redondela, ás 12.00 horas na rotonda de Cedeira.

Xa pola tarde, ás 18.30 horas, celebran unha concentración na praza da Constitución. Díaz explica que se respectarán todas as medidas de seguridade que marcan os protocolos Covid, con distancia de seguridade e uso de máscara. Afirma que “precisamente neste ano de pandemia é máis necesario ca nunca saír á rúa, porque son as mulleres as que están a sufrir as peores consecuencias da crise sanitaria”.

Sobre a polémica xerada en relación ás mobilizacións do 8M en situación de pandemia, a Asemblea Paxaretas rexeita as críticas. Lembra que desde que comezou a crise sanitaria, e mesmo durante o confinamento, houbo manifestacións e protestas de diferentes colectivos “desde os hostaleiros ata a extrema dereita saíron á rúa sen que houbese repercusións”. Entende que as accións de protesta “teñen que adaptarse aos protocolos Covid”, pero que a reivindicación feminista na rúa “é necesaria”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará