Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco xuvenil de División de Honra deixa escapar un punto ante o Celta

XuvChocoCelta

División de Honra Xuvenil

CD Choco 1-2 Celta

Sabíase que era un partido complicado. Visitaba Santa Mariña o líder da categoría pero aínda así o CD Choco non se amedrentou a pesar de empezar o primeiro tempo titubeante. Acazapados no seu campo, tentaban evitar as chegadas do equipo vigués. No minuto 6 os visitantes adiantábanse no marcador cun tiro de falta ante o que nada puido facer Jorge Rojo. Tras o tanto, os vigueses comezaron a dominar o partido coa posesión do esférico aínda que apenas creaban ocasións de gol. A partir da metade deste primeiro tempo o Choco, tras unha boa ocasión de Pedro que remata de cabeza unha falta executada por Miguel Román, empezou a callarse o cambio do equipo choqueiro. Pablo tería unha ocasión que se lle foi fóra por moi pouco, e na seguinte chegada Iván Porto subiría o empate ao marcador.

Tras o descanso viuse un partido completamente diferente. Un CD Choco máis metido plantaba cara a un RC Celta que lle custaba chegar á área redondelá. Con máis ocasións que na primeira parte, o Celta tivo varias oportunidades para romper o partido e sería na terceira, no minuto 70, cando marcou o segundo gol nunha xogada illada. Co marcador e o tempo en contra, o CD Choco seguiu confiando; a máis clara para o equipo redondelán teríaa Brais nos seus pés, pero vaise fóra por moi pouco. Finalmente non puido ser e os 3 puntos viaxan a Vigo, nun partido no que o CD Choco mereceu algo máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará