Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de linguaxe de signos en Soutomaior

LinguaSignos

O Concello de Soutomaior convoca un curso de linguaxe de signos nivel A1.1. O curso será impartido por persoal especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia desde o 22 de marzo ata o 26 de abril de 2021. Vai dirixido a persoas con idades a partir dos 16 anos que teñan interese en aprender esta lingua. Impartirase na modalidade de formación a distancia a través da plataforma SignoCampus. A plataforma estará en funcionamento as 24 horas do día ao longo de todo o curso, sábados, domingos e festivos incluídos. Non hai que conectarse a ningunha hora concreta para clases ou titorías pero que si hai uns tempos marcados para preparar os contidos e entregar os vídeos de cada unidade que haberá que superar para obter o diploma acreditativo expedido pola FAXPG e homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. O curso, de 30 horas de duración, ten un custe de 12 euros para os empadroados e 36 euros para o resto de interesados. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de marzo na web do Concello de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará