Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos de Soutomaior contarán cun campamento gratuíto en Semana Santa

campamentos-covid-19

O Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un campamento infantil para familias con necesidade de conciliación durante a próxima Semana Santa. A participación é totalmente gratuíta e conta con protocolos de protección contra a Covid-19 para protexer aos pequenos ante posibles contaxios. O obxectivo do campamento, explicou o alcalde, Agustín Reguera, é “facilitar a conciliación ás familias durante as vacacións escolares de Semana Santa, polo que o campamento contará cun horario flexible segundo ás súas necesidades”. O horario normal do campamento é de 09:00 a 14:00 horas, pero as familias que o precisen poderán levar aos nenos a partir das 08:00 da mañá, e terán a posibilidade de recollelos até as 15:00 horas. A actividade é totalmente gratuíta e contarán con preferencia as familias monoparentais, aquelas nas que os dous proxenitores traballen e todas as unidades familiares cuxa necesidade de conciliación estea ocasionada pola pandemia. A inscrición está aberta ata o 18 de marzo, e o campamento celebrarase os días 29, 30 e 31 de marzo. Poden reservar praza a través da páxina web do Concello de Soutomaior, ou chamando por teléfono ao CIM. Os interesados en recibir máis información poden facelo a través da web www.soutomaior.com ou no teléfono 986 701 227.

Medidas de protección antiCovid

Como medidas de protección ante a Covid, cada participante disporá do seu propio material de uso personal para as actividades de cada día. Ademais, non se realizarán actividades que impliquen compartir obxectos nin comida. Para evitar aglomeracións, tanto a entrada como a saída farase de forma graduada e utilizando todos os accesos dispoñibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará