Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A facturación cae preto dun 90% nos negocios de hostalaría e turismo

HOSTALARIA

Despois da crise sanitaria que comezou hai xa un ano ano coa pandemia da Covid-19, chegou a crise social e económica. Todos os sectores comerciais están a atravesar problemas, pero as restricións para evitar a propagación do virus afectan especialmente á hostalaría e o turismo. Bares e restaurantes, hospedaxes e axencias de viaxes son os que peor o están a pasar, con peches de establecementos e limitacións nos horarios e aforamentos. Segundo un estudo de Asociación de Empresarios de Redondela, estes negocios rexistraron o último mes apenas un 12% da facturación que tería sido normal nesta época do ano. A asociación explica que, tras unha campaña de Nadal “non tan mala como se podía agardar”, febreiro pechouse “cos números máis negativos dos últimos meses”. Apuntan que tan só o sector da alimentación está a rexistrar un comportamento positivo, favorecido tamén polo peche perimetral ao que estivo sometido o municipio de Redondela nas pasadas semanas.

Bonos de consumo local

O colectivo dos empresarios demanda máis axudas ao Concello, coa posta en marcha de bonos ou cheques para consumir en establecementos do municipio “porque son unha necesidade urxente para soster o comercio”. A asociación de Empresarios de Redondela tamén trasladou á Dirección Xeral de Comercio as necesidades e demandas do sector, que pasan pola dinamización das áreas comeciais catalogadas como “centros comerciais abertos”, como é o caso dos centros urbanos de Redondela e Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará