Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estrea o seu primeiro parque de calistenia

Calistenia Redondela 01

Rematados os traballos no novo parque, na zona da Marisma, os amantes deste deporte terán que agardar ata o venres para estrealo, cando entren en vigor as novas directrices de desescalada da Covid anunciadas pola Xunta. Desde o Concello explican que se trata dunhas instalacións “realizadas a petición da mocidade” a carón do pavillón municipal da Marisma. A alcaldesa Digna Rivas, visitou o novo parque acompañada dos concelleiros de Deportes e Parques e Xardíns, Nacho González e Alberto Vázquez, respectivamente. Tamén participaron os mozos de Redondela promotores da iniciativa. As novas instalacións contan con todos os elementos requiridos para a prácticas da calistenia: espaldeiras, escaleira horizontal, mesas de lumbares, dominadas, aros, barra fixa, paralelas, monkey e snakebar. O parque está habilitado para persoas con mobilidade reducida que contarán, amais, cunha escaleira horizontal inclinada e unhas paralelas simples. Rivas lembrou que con esta instalación, “vaise completando unha zona deportiva que xa conta cunha pista de baloncesto e un skatepark” e salientou a importancia de dotar á cidadanía, en especial á mocidade, “de lugares de ocio nos que desenvolver actividades deportivas ao aire libre, algo que ten unha extraordinaria importancia en tempos de pandemia como os que estamos a vivir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará