Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Poesía nas redes e monicreques para celebrar o día de Rosalía

Soutomaior.biblioteca dia rosalia

A biblioteca municipal Luís Seoane de Arcade súmase á conmemoración do día de Rosalía de Castro con tres iniciativas: unha caseta específica na biblioteca municipal, un photocall na entrada da casa do Concello e a publicacións nas redes sociais de poemas musicalizados. Desde o pasado sábado e até o vindeiro domingo, a biblioteca está a publicar varios poemas da artista en diferentes ritmos e estilos musicais. Do mesmo xeito, a biblioteca terá dispoñible durante os próximos días unha caseta especifica da autora cunha gran cantidade de referencias bibliográficas e audiovisuais para poder gozar da súa obra en diferentes formatos. Por último, na entrada da Casa do Concello instalouse un photocall sobre Rosalía de Castro para que todos os veciños que o desexen poidan fotografarse xunto á imaxe da artista.

En Pazos de Borbén celebran esta xornada cun espectáculo infantil de monicreques. O salón de actos da Casa do Concello acolle ás 13.00 horas unha sesión de conta contos organizado pola biblioteca municipal para homenaxear o 184 aniversario do nacemento da poetisa. A actriz Raquel Queizás representará a obra “Buscando a Rosalía”. Para achegar a homenaxe á comunidade educativa participarán no espectáculo os alumnos de 3º e 4º de primaria do CPI Curros Enríquez e os seus profesores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará