Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco salva un punto ante o Arousa SC

Choco8feb

Terceira División

Choco 2-2 Arousa

Unha xogada dubidosa no área de Cortegoso, que foi penalizada polo trío arbitral coa pena máxima, subiría o primeiro gol da tarde, adiantando ao equipo visitante no marcador cun gol de Beda que non errou dende o punto de penalti. Co marcador en contra o CD Choco veuse arriba e o balón empezou a rondar a portería de Álex Cobo. De feito, no 29 o equipo choqueiro empataría o encontro cun tanto de Comis que rematou de cabeza o centro de óscar Gil tras unha boa xogada pola banda dereita. Co 1 a 1 no marcador o partido seguía aberto. Parecía que o primeiro tempo remataría con empate no marcador máis no 41 un erro defensivo do CD Choco sería aproveitao por Julio Rey para batir a Cortegoso e marcar o segundo para os seus, e o 1-2 chegaron ao descanso. O Choco comezou a segunda parte coa intención de darlle a volta ao marcador. E nos primeiros cinco minutos xa tivo ocasións de empatar o partido. Avanzaba o tempo e o Choco seguía remando co marcador en contra. Pero no 67, Oscar Gil marcaría o empate nunha moi boa xogada que comeza cun tiro de Caloi cuxo rexeite de Cobo atrapa Comis e este centra a Gil, que remata sen piedade ao fondo da portería arousana. 2-2 no marcador, resultado que parecía non convencer a ningún dos dous equipos que buscaban a vitoria con insistencia. O partido terminaría de novo con polémica por unha man na área do Arousa que non foi sinalada polo colexiado, co que o partido remataba en táboas. O Choco, no 5º posto da táboa, visita na próxima xornada o campo do Atios, 8º clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará