Hoxe é Xoves 5 de Agosto de 2021

Redondela rexistra o primeiro descenso de positivos covid nun mes

pcr

Logo das festas de Nadal a progresión de persoas contaxiadas polo coronavirus no municipio fora en aumento ata este venres no que se contabilizan oito persoas menos contaxiadas con respecto ao día anterior. Así, segundo os datos proporcionados hoxe pola Consellería de Sanidade, o número de positivos é de 243. Unha taxa elevada, se temos en conta que hai un mes eran 54 os redondeláns que daban positivo nunha proba PCR, pero que supón iniciar a tendencia á baixa que xa se dá na maior parte dos municipios galegos logo da posta en marcha das novas restricións o pasado 27 de xaneiro.

Unha tendencia descendente que aínda non se produciu no concello de Soutomaior, municipio que suma dous positivos máis con respecto á xornada do xoves. Así as cousas, os contaxiados por coronavirus neste municipio, segundo os datos do SERGAS deste venres, ascenden a 153 persoas.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *