Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide un novo cribado entre os redondeláns e que se faga no municipio

colas

Unha solicitude que chega ante a situación sanitaria que se está a vivir en Redondela onde o número de contaxios, polo momento, non descende. Segundo os datos da Consellería de Sanidade deste xoves, son 255 o número de redondeláns positivos por coronavirus, 41 máis que hai unha semana. Unhas cifras que levaron ao BNG local a presentar un escrito dirixido á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, para que xestione co SERGAS a realización de probas masivas entre a poboación “ante a grave situación” que rexistra o municipio para a detección de asintomáticos e que cedan instalacións municipais para que ese cribado se faga sen saír do concello.

Os nacionalistas consideran que é necesario “garantir a proximidade á veciñanza, co fin de que as probas arroxen maior fiabilidade” e porén instan ao goberno local a que poña a disposición das autoridades sanitarias instalacións municipais para a realización deste cribado, como xa se fixo noutros concellos limítrofes como Soutomaior, o que tamén favorecería a participación da veciñanza.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González, lembra as retencións e esperas de máis de hora e media que tiveron que soportar os alumnos de 3º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato do IES Mendiño, para realizar as probas PCR logo de que se detectase un gromo no centro educativo. Engade, que a realización das probas en Redondela tamén axudaría a “aliviar a presión á que se está a someter os hospitais da nosa área sanitaria”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará