Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan melloras e o cambio de dirección no Camiño de Cidadelle en Chapela

ChapelaCidadelle

A Asociación de Veciños de Chapela reclama desde hai anos a reparación integral deste camiño, que dá servizo aos barrios de Cidadelle e a Lamosa, cuns 1.500 residente. Explican que a situación desta vía é a dunha “corredoira”, malia que se trata do único acceso para coches, motos, camións e mesmo o autobús escolar. Critican que a situación deste camiño é “desastrosa” desde máis de 20 anos, sen que os sucesivos gobernos fixeran nada “agás encher con algo de asfalto os buratos”. Ángela Méndez, voceira da asociación, explica que hai uns meses o goberno local comprometeuse a realizar a reforma integral da vía instalando novas tubaxes de auga e saneamento “só ata a traída de augas”. Os veciños piden o arranxo “inmediato” e o cambio de dirección na entrada e saída do camiño na Avda. de Redondela. Explican que deste xeito evitaríase o Stop no cruce co camiño Roncal “que resulta perigoso” e facilitaría a entrada e saída directa dirección Vigo e Redondela.

Ampliación do camiño a Costa

O Camiño a Costa, de entre 80 e 100 cm de ancho, é o único acceso posible para os residentes da zona. Un dos veciños sofre ademais unha discapacidade que o obriga a utilizar dúas muletas. Non é posible acceder cun coche, e a Asociación de Veciños leva dez anos solicitando ao Concello que se anchee “para que polo menos poida pasar unha ambulancia e e os servizos básicos”. O colectivo demandou que a apertura deste camiño se inclúa tamén no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Advirten que agora a situación é peor, xa que o muro de contención que soporta o camiño “corre un grave risco de desprendemento” polo que demandan que se asegure “con urxencia”. Méndez sinala que estes son só dous exemplos da situación de “abandono” que vive a parroquia de Chapela, polo que urxen ao goberno local que aínda que sexa “pouco a pouco” vaia arranxando os diferentes camiños que se atopan nunha situación “intransitable”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará