Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Só o 20% da hostalaría de Redondela mantén a actividade con produtos “para levar”

CafedaVila

Hai unha semana a hostalaría volvía botar o peche, e desde entón tan só un 20% dos establecementos locais apostan por manter un mínimo de actividade con servizo para levar ou entregar a domicilio. Son os datos recollidos nunha enquisa pola Asociación de Empresarios de Redondela entre as empresas do sector. Un 82% dos hostaleiros enquisados “non considera atribuíble ao sector hostaleiro a propagación de contaxios”. O presidente da asociación, Enrique Lago, entende que a propagación da Covid pode darse “en calquera lugar”, e lembra que as pasadas festas de Nadal con celebracións familiares provocaron a terceira onda.

Enrique Lago, presidente da Asociación de Empresarios de Redondela

Lamentan que desde as administracións utilizouse á hostalaría como “cabeza de turco” nesta pandemia, culpando ao sector da propagación do virus. A situación é “insostible” para moitos negocios, que levan case un ano padecendo peches e restricións na súa actividade. Lago sinala que moitos están “ao límite” e temen que algúns dos negocios pechen definitivamente.

Todo o sector coincide en que os programas de axudas que se teñen posto en marcha ata o de agora por parte das diferentes administracións son “totalmente insuficientes”.Os establecementos hostaleiros soportan de media uns gastos que roldan os 10.000 euros mensuais. O 40% corresponde a salarios e seguridade social, o 20% a gastos de aluguer, aos que hai que sumar luz, auga, gas, servizos como asesoría, seguros e as taxas e impostos. Lamentan que nesta situación de extrema gravidade “as administracións pugnan pola xestión dos fondos de rescate sen dar solucións”. Demandan un plan de rescate “a medio e longo prazo” que dea resposta ao sector da hostalaría e turismo en xeral, para que cando remate a pandemia “poida recuperarse a actividade e o emprego”.

Lago advirte que será “un reto” para os pequenos empresarios locais identificar os novos elementos clave para o éxito dos seus establecementos e que serán precisas axudas para a dixitalización, as novas liñas de negocio e a adaptación dos espazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará