Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o organizador dunha festa en Cesantes

policiaRedondela

A Policía Local de Redondela interveu na madrugada do sábado ao domingo nunha festa ilegal que se celebraba nunha vivenda en Cesantes. Logo de ser alertados por particulares da celebración do evento, que mesmo foi difundido nas redes sociais, os axentes presentáronse na vivenda ao redor das 03.00 horas. Detiveron ao responsable da casa, de 24 anos de idade, tras negarse a identificarse e mesmo ameazar aos policías. No interior da vivenda ademais do propietario había un grupo de 9 persoas, todas sen máscara e sen respectar as medidas de distanciamento. Os participantes na festa foron propostos para sanción, tanto por incumprir o toque de queda como por non respetar as medidas de seguridade antiCovid, e algúns tamén por saltar o peche perimetral, xa que son residentes doutros municipios. Entre os participantes atopábase unha rapaza menor de idade que foi trasladada pola Policía ata Soutomaior, onde foi entregada aos seus pais. O organizador da festa pasou o domingo a disposición xudicial.
Segundo explica a Policía Local de Redondela, na intervención colaborou tamén a Policia Nacional e que desprazou 3 unidades de apoio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará