Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campo de fútbol do Viso xa conta con instalacións renovadas

REDONDELA VISITA FONT YE AGIS 22.01.2021 (3)

Aseos para persoas con mobilidade reducida, un vestiario para árbitras, vestiarios dos equipos reformados e un aseo para o público. Estas foron algunhas das melloras que se realizaron no campo de fútbol do Viso-Tuimil, a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Una reforma, inaugurada este venres pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas,  e o deputado Carlos Font, xunto a deputados e membros da corporación local, que supón rematar co proxecto de renovación do campo de fútbol que se iniciaba o pasado ano coa colocación de céspede artificial.

As obras supuxeron o acondicionamento dos dous vestiarios dos equipos, a construción dun aseo para o público con acceso dende o exterior ademais de dous baños adaptados para persoas con mobilidade reducida. Tamén se habilitou un vestiario para as árbitras, “un paso máis a prol da igualdade”. Ademais de reformar a grada para facela máis accesible eliminando as barreiras que reducían a mobilidade do público.

Mellora da seguridade viaria e o acceso ao rural

Cos fondos do Plan Concellos, tamén se realizaron obras de mellora na intersección das rúas Telmo Bernárdez, Isidoro Queimaliños e Cruceiro, no que se instalaron redutores de velocidade e un sistema led intelixente de advertencia, ademais da sonorización dos semáforos para incrementar a seguridade dos peóns que circulan por este tramo da rede viaria redondelá, polo que pasa o Camiño de Santiago. Unhas obras que contaron cun orzamento de preto de 45.000 euros.

A estes traballos, hai que sumarlle os realizados no camiño Veiga dos Eidos co camiño do Piñon, en Cesantes, onde se ancheou o primeiro tramo para facilitar o acceso ás vivendas do lugar. Tamén se renovou o colector principal e acometidas de augas fecais en mal estado. Rehabilitouse o firme de todo o tramo e naqueles lugares do camiño onde só había terra.

Tres obras, que supuxeron o investimento de 145.800 euros, e son, segundo a alcaldesa de Redondela e o deputado Carlos Font, un exemplo de colaboración entre institucións “para mellorar a vida das persoas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará