Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hortense deixa un regueiro de incidencias en Redondela

O peche metálico dun patio saíu voando e impactou co tellado do Concello

O peche metálico do patio dun edificio da rúa AlfonsoXII saíu voando

A borrasca que afectou a Galicia esta pasada noite e madrugada deixou tamén numerosos danos en Redondela. Con refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora, Hortense provocou a caída de árbores, cables de alumeado e mesmo pancartas publicitarias. Ata a Casa do Concello se viu afectada polo temporal. O peche do patio interior dun edificio da rúa Alfonso XII saíu voando, e as placas metálicas impactaron contra o tellado do Concello, para precipitarse despois ao chan. O suceso produciuse ás 12 da noite, aproximadamente, e non produciu danos persoais, pero si desfixo parte do tellado do edificio consistorial. No Concello traballan agora na avaliación dos danos.

As planchas dun patio que voaron deixaron desperfectos no tellado da Casa do Concello

Policía Local e o servizo de emerxencias SEIS traballan na retirada de árbores caídas en Chapela, San Estevo de Negros e outras parroquias, que dificultan a circulación en varios camiños. Desde a Policía Local informan que non se produciu ningún dano persoal, e que todas as vías principais de circulación están abertas ao tráfico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará