Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociación Cultural e Social de Chapela apoia novos proxectos da mocidade

Raquel

A vocalía da Mocidade da asociación, cuxa nova responsable é Raquel Lago, acaba de poñer en marcha unha campaña informativa para achegarse aos mozos e mozas de Chapela. Lago Martínez márcase como obxectivos nesta nova etapa “un maior achegamento” dos mozos á Asociación Cultural e Social de Chapela, “e servir tamén como ponte entre a administración e o colectivo de mozos para realizar novos proxectos, propoñer actividades das que agora non hai oferta na parroquia, realizar concertos de grupos noveis ou poñer en marcha grupos de música, baile, etc. Por iso que anima á mocidade a achegarse ás oficinas da Asociación Cultural ou á Escola de Música de Chapela e dar a coñecer as súas inquietudes. Poden presentar calquera proxecto que teñan en mente, xa que desde a vocalía e a dirección da Asociación “realizarase un estudo de viabilidade e porase todos os medios posibles para a súa execución”. A campaña informativa nace co lema “Presenta a túa idea, nós estudámola e axudámosche a pola en marcha”.

Raquel Lago Martínez,a nova responsable da vocalía de Mocidade e Redes Sociais da Asociación Cultural de Chapela, ten 20 anos e compaxina esta vocalía cos seus estudos de Ciclo Superior de Educación Infantil e a súa formación de canto, piano e guitarra na Escola de Música de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará