Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela instala mallas antiesvaramento nos paseos para evitar caídas

Digna Rivas na ponte do paseo da Portela. Malla antiesvaramento (2)

A ponte do paseo da Portela foi o primeiro lugar no que se colocou este sistema composto por polietileno virxe que evita os escorregamentos producidos polo xeo, fungos ou a degradación da madeira. Unha ferramenta para loitar contra as caídas por mor das placas xeo que unha vez supere a fase de proba colocarase noutros puntos do paseo, así como noutras localizacións de Redondela onde habitualmente as superficies son esvaradías por mor das baixas temperaturas.

Nunha semana na que se están a rexistrar temperaturas baixo cero no municipio, o Concello de Redondela vén de instalar na ponte do paseo da Portela, unha malla antiesvaramento, respectuosa co medioambiente e totalmente reciclable, que protexerá de caídas aos usuarios dos paseos de madeira do municipio. A malla conta cun sistema Trek Net, fabricado e patentado e Nova Zelandia, está composta de polietileno virxe que se coloca sobre os paseos para evitar as caídas producidos polo xeo, fungos e pola degradación da madeira. Dende o Concello explican que se trata dun método cada día máis utilizado “ao ser totalmente respectuoso co medioambente e que conta cunha vida útil mínima de 10 anos”. A súa instalación na ponte do paseo da Portela permitirá que, unha vez probado, se instale ao longo do paseo, naqueles puntos en que as circunstancias así o aconsellen e, posteriormente, estenderase a súa colocación no resto de paseos de madeira do municipio.

A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que “non so é preciso dotar a veciñanza de paseos para o disfrute do seu tempo de ocio, senón facelo con todas as medidas que garantan a súa seguridade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará