Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ferido grave no choque dun autobús e un camión na Estrada da Praia de Cesantes

accidente

O condutor do camión tivo que ser excarcerado polos bombeiros do Baixo Miño. Os rapaces que viaxaban no autobús resultaron ilesos.

O accidente acontecía ás 14.20 horas deste xoves, cando chocaba un camión de pequenas dimensións que se incorporaba á Estrada da Praia cun autobús que circulaba dirección Cesantes. O choque, fronto-lateral, provocou importantes danos no camión e tamén no autobús de transporte escolar no que viaxaban seis rapaces. A peor parte sufrírona os ocupantes do vehículo pesado. O condutor quedou atrapado no interior do habitáculo e tivo que ser liberado polos bombeiros de O Baixo Miño. O impacto provocoulle feridas de gravidade. O acompañante puido saír polo seu propio pé e ambos foron trasladados ao hospital Fátima de Vigo. Non hai que lamentar feridos entre os rapaces que viaxaban no autobús nin tampouco o condutor.

Agora os axentes da Policía Local de Redondela investigan a causa deste accidente que se producía nunha incorporación a unha vía con sinal de STOP. Ata o lugar dos feitos achegáronse membros da Policía Local así como do 112 Galicia para trasladar aos feridos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará