Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nelson Jaló Ramos non vestirá a camisola do CD Choco na segunda volta

NELSON_6

O xogador guineano regresa ao Limianos, o equipo desde o que chegou a Redondela no pasado mes de Agosto. Jaló Ramos decidiu voltar ao equipo portugués por no dispoñer de minutos no CD Choco. Tal como recoñece o xogador “foi unha decisión moi complicada porque xa estaba acostumado a todo o equipo e estaba a aprender moitas cousas”, pero Nelson buscaba minutos de xogo que non adoitaba a conseguir no equipo de “Gonza”. Xa en terras portuguesas, Nelson asegura que se encontra “moi contento”, no Limianos “xa me coñecen dende a tempada pasada e trátanme moi ben”, ao tempo que admite que foi “un orgullo” formar parte do plantel choqueiro. Dende o Club Deportivo Choco sinalan que lle desexan “a mellor das sortes” ao xogador “tanto a nivel persoal como profesional”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará