Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruzamento de acusacións entre goberno local e PP pola pavimentación do barrio de Agrelo

vilavella 2

Logo de que os populares denunciasen que o concello quería mercar un terreo contiguo ao convento de Vilavella cunha partida destinada ao saneamento, abastecemento e pavimentación do barrio de Agrelo, o concelleiro de Medio Ambiente asegura que a pavimentación desta zona e as obras de servizo previstas están aseguradas xa que hai reservada unha partida orzamentaria. Pide aos populares “que deixen de intoxicar á veciñanza”.

O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, manda unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e asegura que hai unha partida orzamentaria reservada para a execución das obras de pavimentación da contorna do Pazo Torres Agrelo que serán contratadas en canto ADIF resolva favorablemente a autorización para realizar as obras, único permiso que queda por obter. Villar lembra que o proxecto inicial, presentado polo anterior goberno antes das eleccións de maio de 2019, non se puido levar a cabo ante a autorización desfavorable da Consellería de Cultura e Patrimonio. Un problema que quedou resolto coa eliminación do trazado da rede de saneamento do interior do Pazo Torres Agrelo e o deseño dun alternativo que xa recibiu o visto e prace en novembro do pasado ano. Para que as obras se poidan iniciar están só pendentes da autorización de ADIF.

Así respondía o responsable de Medio Ambiente redondelá ás críticas dos populares locais quen denunciaba que os 414.226 euros que se van investir na compra da parcela situada ao carón do pazo para crear un estacionamento e un espazo de lecer ían proceder dunha partida do Plan Concellos 2020, da Deputación de Pontevedra, que na súa orixe estaba dirixida ás obras de saneamento, abastecemento e pavimentación do barrio de Agrelo. Os populares criticaban o cambio de destino destes fondos xa que suporía renunciar a unhas obras “moi necesarias e longamente demandadas polos veciños de Agrelo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará