Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR comeza o ano con importantes citas

SARValladolid_o

División de Honra Prata Feminina

O equipo de Elisardo González “Chini” xoga esta tarde o partido correspondente á xornada 10. A SAR recibirá ao Hand Ulsa Valladolid nunha fin de semana intensa, con 2 partidos en tres días que inclúen unha viaxe a Canarias. O Valladolid será o primeiro rival esta tarde, partido para o que a SAR conta co seu persoal ao completo. O domingo volverán á competición no partido correspondente á xornada 9 do campionato ligueiro. Será ante o líder, o Lanzarote Zonzamás, e ademais en Canarias.

SAR Rodavigo-Hand Ulsa Valladolid, hoxe 20.00 horas na Bomboneira de Redondela)

Lanzarote-SAR Rodavigo, domingo ás 12.00 Pista San Bartolomé

Balonmán 1ª Nacional Masculina

Tejina La Laguna-SAR Plastic Omnium-

Os de Pablo Muiños viaxan ás illas para medirse ao pechacancelas do grupo. Trátase dun choque aprazado por Covid, o correspondente á xornada 8. O equipo viaxará con bastantes baixas, pero coa intención de sumar un triunfo co que comezar o ano do mesmo xeito que despediron o 2020, cunha vitoria. Domingo 12.00 horas, Pista IES Tejina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará