Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior resiste á pandemia con 20.000 visitas o pasado ano

castilllo de soutomair

Malia os peches perimetrais, ás restricións de mobilidade e o confinamento, o Castelo de Soutomaior foi visitado en 2020 por máis de 20.000 persoas. Un descenso notable con respecto a 2019, pero que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, valora positivamente tendo en conta as complicadas circunstancia derivadas da COVID-19, que provocaron que nalgúns meses do pasado ano só puidese ser visitado polos propios veciños do municipio.

Xullo e agosto, foron os meses que máis persoas recibiu o conxunto monumental de Soutomaior, con 6.000 visitantes, que no resto dos dez meses do ano sumaron 14.000, segundo os datos ofrecidos pola institución provincial do balance anual.

Carmela Silva, Presidenta Deputación de Pontevedra

Un recinto histórico que continuará coas obras de reforma neste 2021. Silva anunciou o acondicionamento do Muíño “para que sexa visitable, porque queremos seguir dando novos contidos ao recinto” para que continúe sendo “un motor clave da cultura e do turismo da provincia” de Pontevedra.

Alumeado de Nadal e novidades para 2021

A presidenta da Deputación incidiu tamén na “grande acollida” que tivo a decoración, alumeado e actividades que se desenvolveron por primeira vez durante este Nadal no Castelo de Soutomaior. Malia que os peches perimetrais só permitiron aos veciños do municipio acceder á fortaleza para contemplar o alumeado, foron máis de 600 persoas as que o fixeron.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará